Culturhelp: 500 quilos de axuda a cambio de cultura
Por Redacción
O traballo de fin de grao da estudante de Comunicación Audiovisual de Pontevedra Andra Area fíxose realidade e deu resultados. Entre os días 22 e 22 de marzo a universitaria puxo en marcha en Sanxenxo o I Ciclo Cultural Solidario Culturhelp, que deseñara para finalizar a súa formación educativa e co que conseguiu reunir 514,3 quilos de axuda.
A propia Andrea Area informou, a través dun comunicado, que no ciclo cultural e solidario "se han superado todas las expectativas". Celebrouse baixo o lema '1 quilo de cultura, 1 quilo de axuda' e contabilizou máis de 200 asistentes nas diferentes actividades da súa programación.
Maiores e nenos gozaron de exposicións de fotografía, concertos, masterclass de ilustración e espectáculos de teatro, entre outras ofertas culturais. Entre todos, se conseguiron 514 quilos en doazóns, a maioría alimentos e produtos de aseo persoal. Ademais, recadáronse 294,49 euros en metálico nos petos solidarios e das vendas dos artigos vendidos por Supervilán e Wild Margarita na MasterClass de Ilustración. Destes beneficios, achegouse á causa solidaria un 20% do recadado.
Todas as doazóns de alimentos e efectos recibidas irán destinadas a Caritas Sanxenxo e as achegas en metálico destinaranse a repartir vales de compra cos que os beneficiarios poderán adquirir produtos no mercado de Portonovo.
Máis dunha vintena de artistas de diferentes puntos xeográficos colaboraron con esta iniciativa e realizaron traballos técnicos, de produción e de organizaciónsu máis dunha decena de voluntarios. Ademais, participaron locais, hoteis, tendas de merchandising, un estudo de fotografía, a facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo.
Andrea Area mantén que "esto ha sido un punto de partida, hay que seguir trabajando duro para mejorar futuras ediciones" e que aínda queda moito traballo por facer ata o día da presentación do proxecto ante o tribunal de profesores. Ademais, anima a outras localidades para que a súa idea se exporte en diferentes zonas para crear unha rede solidaria de 'culturhelpers' por toda Galicia.