Un festival de récord con máis de 5.000 litros de cervexa vendidos
O festival Galaico-Irlandés de San Patricio do Mareantes Rugby Club chegou un ano mais a súa fin e as cifras falan por elas mesmas nunha festividade xa consolidada entre os cidadáns de Pontevedra.
Cinco días de celebración que culminaron o domingo 22 con máis de 5.000 litros de cervexas vendidos, superando o ano anterior e as previsións deste ano. A Guiness proclamouse como a cervexa máis vendida e a tapa especial de Pepe Solla superou as 300 unidades vendidas. A hamburguesa, que tanto éxito tivo o ano pasado e que é unha receita do Presidente do Mareantes, Eloy Díaz, tamén triunfou entre os asistentes unha vez máis.
Eloy Díaz, nun balance xeral destes días duros pero satisfactorios, comenta que a súa impresión do festival é "moi positivo pola acollida do público" que encheron todos os días a carpa que ten unha capacidade para 1.200 persoas.
O apoio de Hifas da Terra e de Pepe Solla, quen estivo na celebración non só gozando, senón que tamén axudou o xoves na cociña ensinando aos cociñeiros a elaborar a súa tapa, foi fundamental no festival, polo que Eloy Díaz está moi agradecido coa súa colaboración e espera poder repetir coa empresa de produtos ecolóxicos e co cociñeiro noutras ocasións. Ademais, no ámbito deportivo, o magnífico partido das mozas, que gañaron o seu primeiro encontro, e o bo partido dos rapaces animaron a celebración dentro do campo.
O domingo, día de peche do festival, finalizou co sorteo da viaxe a Irlanda, do que resultou gañadora Inés Amoedo García, o concerto do grupo Irlandés Coverstone e a gran multitude que se achegou para despedirse por quitan vez do San Patricio del Mareantes Rugby Club, que proporcionou unha magnífica festa a todos os que se achegaron.
Relacionadas:
-
San Patricio presenta a sua exquisitez deste ano
Por Elena Álvarez Quintá |
-
Cervexa sen glute e 'happy hour' na sexta edición do Festival San Patricio
Por Diego Espiño |
-
San Patricio tamén se celebra no campo de rugby
Por Redacción |
-
San Patricio, un festival con boa "pinta"
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
San Patricio chega este mércores á Praza de España con 5.000 litros de cervexa
Por Elsa Juliá Sánchez |