Imputan seis persoas por un presunto delito de tráfico de drogas na Ferrería
Por Diego Espiño
Por sexta vez dende o ano 2013 a Policía Local de Pontevedra puxo en marcha un operativo contra o estraperlo e o consumo de drogas no ámbito da praza da Ferrería.
A actuación produciuse tras as reiteradas queixas veciñais e de comerciantes da zona pola concentración na céntrica praza de persoas que habitualmente consumen drogas.
A pesar dos antecentes e actuacións anteriores a Policía Local constatou a habitual presenza destas persoas que, a plena luz do día, seguían concentrándose, algunha delas dedicándose á venda de estupefacientes, concretamente pastillas e haxix.
Froito desta vixilancia varias patrullas acudiron o pasado xoves 18 de marzo, sobre as 10:30 horas, ao lugar detendo cinco persoas e imputando unha sexta.
Acúsaselles dun presunto delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de substancias estupefacientes. Ademais procedeuse á identificación de 13 persoas como receptores de tales substancias, sendo denunciadas ante a Subdelegación do Goberno por tenza de drogas.
Durante o operativo a Policía Local interveu 200 pastillas (Trankimazin e metadona), 120 doses de haxix, 100 euros, tres teléfonos móbiles e catro armas brancas.
Relacionadas:
-
O trapicheo de drogas na Ferrería, de novo ante un xuíz por unha pequena venda de cannabis a un menor
Por Natalia Puga |
-
Apelan ao autoconsumo nun xuízo por trapicheo: "Por desgracia, soy adicto y lo necesito para los nervios"
Por Natalia Puga |
-
Tres detencións por venta de drogas no entorno da praza da Ferrería
Por Redacción |
-
A Policía Local, premiada polas "boas prácticas" do seu servizo de apoio e información
Por Natalia Puga |
-
Dous imputados nun novo operativo contra o trapicheo no entorno da Ferrería
Por Redacción |
-
Denunciadas dúas persoas por venda de drogas na praza da Ferrería
Por Redacción |