Alianza Social Galega sae á rúa contra os recortes
Por Redacción
Ao berro de "menos recortes, máis emprego", o colectivo Alianza Social Galega protagonizou unha concentración ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
O desemprego, os recortes en sanidade, a nova lei de educación ou as taxas xudiciais son os exemplos das medidas do Goberno central e de Galicia polas que protesta o colectivo e que considera "antisociais".
Alianza Social Galega seguirá convocando diversas protestas na rúa en busca dunha "resposta colectiva" ante a crise.