O servizo de consulta telefónica nos hospitais de Pontevedra e O Salnés atendeu unha media de 379 consultas ao día
Por Redacción
O Sergas emitiu este mércores un comunicado no que sinala que un total de 100.470 consultas telefónicas "avalan a eficiencia asistencial e a aceptación da consulta telefónica" na Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés no seu primeiro ano de implantación.
Así, os datos de actividade do Servizo Galego de Saúde revelan que, dende a súa posta en marcha nesta área de Xestión Integrada, atendéronse unha media de 379 telefónicas ao día, cifra que representa un 6,64% do total de consultas atendidas.
Estas mismas fontes oficiais suliñan que esta modalidade permite "axilizar as consultas de Atención Primaria, conservando a mesma capacidade de resposta na asistencia e diminuíndo as interrupcións da consulta por chamadas non programadas dos pacientes".
Esta modalidade non presencial para as consultas dos médicos de cabeceira, pediatras, matronas, persoal de enfermería e de traballo social da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, "favorece a accesibilidade dos cidadáns ante a demanda atención por un problema de saúde, xestión de receitas e informes, diminúe os seus tempos de espera, evita os desprazamentos innecesarios, e favorece a conciliación familiar e laboral", apuntan.
A consulta telefónica consiste en ofrecer a posibilidade -a elección do propio paciente- de realizar a atención sanitaria por medio do teléfono a quen solicite unha consulta. Se o paciente elixe dita modalidade de atención solicítaselle un número de teléfono onde quere recibir a consulta. Deste xeito, o profesional sanitario ponse en contacto co paciente no número indicado para atendelo, deixando rexistrados os datos na historia clínica electrónica.
Relacionadas:
-
Nos hospitais de Pontevedra e O Salnés agárdase por unha operación 29,8 días, a demora máis baixa de Galicia
Por Redacción |
-
O centro de saúde de A Parda participa de xeito piloto nun novidoso programa de enfermaría
Por Oskar Viéitez |
-
Os pacientes de Pontevedra e O Salnés fan 300 consultas telefónicas ao día a médicos de Atención Primaria
Por Redacción |
-
O Sergas porá en marcha a atención telefónica para medicina familiar
Por Redacción |