O Concello reclama a colaboración dos veciños para alertar ante emerxencias sociais
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Benestar Social Municipal reuniuse coas asociacións de veciños dos barrios urbanos e do rural, á que tamén se sumaron varias Anpas de centros escolares para propoñerlles sumarse á Redeaxuda, por ser elas as que máis preto están dos cidadáns, cun contacto diario cos veciños.
Estas asociacións son unha peza fundamental da Redeaxuda porque son as que detectan as emerxencias sociais antes que os servizos das administracións.
A concelleira sinalou que a crise social e económica que está a devastar á sociedade é especialmente preocupante en familias con nenos pequenos, en persoas que perderon a totalidade das prestacións e estas entidades sociais permitirán dar a coñecer estes casos no concello, e poder achegalos aos servizos de axuda social sen que supoña un impacto moi grande para as súas vidas.
Un dos perfiles que comeza a abundar nos servizos sociais son persoas que nunca tiveron que solicitar axudas de emerxencia, persoas con traballo estable, que coñecen os seus dereitos laborais, sanitarios, sociais, pero que a situación económica os adentra nesta vivencia de emerxencia, polo que soen ser reticentes a dar a coñecer as dificultades polas que están a pasar.
Relacionadas:
-
O equipo Ciudad de Pontevedra sente as cores da camiseta da Redeaxuda
Por Redacción |
-
Entrega de alimentos á RedeAxuda: "A xente é máis solidaria coa crise"
Por Natalia Puga |
-
RedeAxuda amplíase, abre a porta a colectivos do ámbito da discapacidade e a dependencia
Por Redacción |
-
En RedeAxuda fan falta mans
Por Redacción |