En busca de 12.000 quilos de roupa e calzado para axuda social
Este mércores 18 iniciouse na praza de Curros Enríquez a campaña de recollida de roupa e calzado da Asociación Boa Vida. Os membros deste colectivo repartiron publicidade entre os viandantes e presentaron o número 1 do "Boletín informativo" co obxectivo de dar a coñecer a súa actividade de apoio social.
A campaña, que se realiza por segunda vez, pretende recadar 12.000 quilos de roupa e superar os 8.080 que conseguiron o ano pasado. O obxectivo é recoller 1.000 quilos por mes e, segundo Pepa Vázquez, coordinadora de Boa Vida, xa se recolleron nestes tres últimos meses 3.000 quilos. A iniciativa estará activa ata decembro, data na que se fará balance e se iniciará novamente a campaña.
Ademais, a partir do día 7 de abril abrirán o rastro permanente na sede situada na rúa Cruz Vermella número 16. A asociación seguirá recollendo nos domicilios as obxectos que os cidadáns non necesiten e tamén poderán levar as doazóns directamente.
O proxecto da asociación Boa Vida ten unha finalidade dobre. Por un lado búscase ofrecer á cidadanía un espazo onde poidan darlle unha nova vida a todo aquilo que non usan, un lugar "onde hai unha relación de ti a ti, na que se sabe que os produtos que deixan teñen unha finalidade" comentaba Pepa Vázquez. E por outra parte, quérese recadar os fondos necesarios para cubrir o mantemento das actividades, para pagar o aluguer, a utilización do vehículo necesario para as recollidas e as bolsas de formación. Estas bolsas conforman un dos grandes proxectos de Boa Vida co que pretenden recuperar a empregabilidade e achegar ingresos complementarios para as persoas desempregadas que participan no rastro e na recollida.
Actualmente son seis as persoas que ata decembro se benefician destas bolsas. A través desta iniciativa, os asistentes aprenderán a xestionar unha tenda, a facer publicidade, atender o publico e xestionar un almacén.
Relacionadas:
-
Boa Vida abre nova tenda solidaria: "Temémonos que a xente de aquí xa non sae a pedir axuda"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Rastro solidario e orixinal da man de Boa Vida na rúa Cruz Vermella
Por Redacción |
-
Reducir a pobreza ou dimitir, compromiso que solicita a Rede Galega de Loita contra a Pobreza aos candidatos
Por Redacción |
-
Boa Vida precisa axuda para o seu novo local
Por Oskar Viéitez |