Lores: "O PP leva moi mal que Pontevedra se posicione a nivel internacional e que nos dean premios"
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os premios e recoñecementos que Pontevedra recibiu nos últimos anos polo seu modelo urbano volverán protagonizar a sesión plenaria da corporación municipal. E todo porque, segundo Miguel Anxo Fernández Lores, o Partido Popular "leva moi mal que Pontevedra se estea posicionando a nivel internacional, que nos dean premios ou que nos chamen de moitos sitios para coñecer o modelo urbano da cidade".
ÿ a resposta que, a falta de que os populares rexistren a interpretación que lle farán ao alcalde no próximo pleno, ofrece Fernández Lores sobre unha cuestión que se debaterá o próximo luns 23 de marzo no Teatro Principal, a partir das once da mañá.
Os populares preguntarán ao alcalde sobre a súa axenda institucional e a dos concelleiros que estiveron a viaxar para presentar o modelo de cidade no estranxeiro e o cargo que todo iso tivo nos fondos públicos.
Tras reiterar que promover a cidade "é a nosa obriga", Fernández Lores avanzou que os gastos destas viaxes os asumen os promotores dos devanditos eventos, como os realizados recentemente en Dubái ou Veracruz (México). ÿ algo, dixo, "coñecido por todos".
Nos 16 anos como alcalde de Lores "no conozco ninguna inversión o empresa que haya traido para Pontevedra", denuncia Moreira
DETALLES DA INTERPELACIÿN
En concreto, Jacobo Moreira explica que "estoy encantado" desta repercusión que obtivo a cidade, pero cre que os veciños de Pontevedra "tienen derecho a saber cómo es esa proyección, cuál es la agenda del alcalde en esos viajes, qué contactos mantiene o qué sinergias e inversiones trae para la ciudad". Moreira lamenta ese "tiempo perdido" e critica que o alcalde "cree que promover la actividad económica y el turismo es que irse de viaje a cuenta de los vecinos".
Entende que, neste tipo de viaxes, o alcalde debería actuar como "un director comercial o un embajador que capte contactos e inversiones para la ciudad". Neste sentido, o candidato do PP á Alcaldía asegura que, mentres que outros alcaldes ou o presidente da Xunta "traen contactos estratégicos para Galicia", nos 16 anos como alcalde de Miguel Anxo Fernández Lores "no conozco ninguna inversión o empresa que haya traido para Pontevedra".