División en Galicia ante o acordo de cuotas de pesca da UE
Por Oskar Viéitez
Os ministros de Pesca da Unión Europea lograron á primeira hora deste xoves un acordo sobre a repartición das posibilidades de pesca para a flota comunitaria en 2013.
Os Vintesete acordaron manter a cota de pescada do norte nos mesmos niveis de 2012, así como aumentar un 15% a de pescada en augas ibéricas.
Tras dous días de negociacións a comisaria de Pesca, Maria Damanaki, anunciou en rolda de prensa o acordo.
A Conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, salientou que para as duras negociacións foi imprescindible "ter ben feitos os deberes para vir a Europa coa razón na man e poder facernos valer"
A titular de Medio Rural e Mar destacou ou aumento xeral de máis dun 40% nos Totais Admisibles de Capturas (TAC) do lirio, dun 15% na pescada do Cantábrico e dun 42% no TAC do lagostino de Gran Sol
Ademais logrouse manter os TACs de especies principais para a frota española e en particular a galega, como a pescada norte, rapante ou badexo e frear a caída de especies coma ou peixe sapo
Non teñen esta mesma visión optimista o BNG, a deputada nacionalista, Montse Prado, considera "unha burla" e "vergoñoso" que desde a Xunta véndase este acordo como un éxito negociador.
"Parece que queren dicirnos que puido ser peor, que puideron amputarnos as dúas pernas pero só amputáronnos unha e media", destacou Prado en rolda de prensa na que fixo unha valoración "moi negativa" dos resultados das negociacións.
Os Vintesete acordaron manter a cota de pescada do norte nos mesmos niveis de 2012
A parlamentaria do Bloque denunciou que o sector galego estará "abocado a desaparecer", algo do que responsabilizou á Unión Europea, que "non dá ningunha resposta" senón que "ano tras ano" avanza, na súa opinión, no obxectivo de "desmantelar" a flota de Galicia.
O resultado deste acordo será, segundo avisou, a "perda de máis postos de traballo" en 2013 no sector da pesca.