O PSOE de Ponte Caldelas critica o "ocultismo" do goberno local por aprobar un crematorio na Reigosa
Por Oskar Viéitez
O PSOE de Ponte Caldelas critica o "ocultismo" do goberno local ao aprobar a instalación dun crematorio nunha parcela de 1.500 metros cadrados do polígono industrial da Reigosa.
A iniciativa promovida pola firma Sepelios San Marcos, do empresario Juan Perdiz, traslada a Ponte Caldelas o proxecto previsto para Pontevedra.
Segundo denunciou o voceiro do PSOE nesta localidade, Andrés Díaz Sobral, "o alcalde, Perfecto Rodríguez aproba pola porta de atrás instalar un crematorio no polígono da Reigosa sen debatilo en pleno nin informar aos veciños", xa que o proxecto tampouco require de exposición pública nin alegacións.
O representante socialista afirma que "o que Pontevedra non quere, ven para Ponte Caldelas".
O representante socialista afirma que "o que Pontevedra non quere, ven para Ponte Caldelas"
Pola súa banda o rexedor declarou a Radio Pontevedra que o concello "se ha limitado a tramitar una licencia y otorgarla una vez que cumple todos los requisitos legales", sinalando que esa é a súa obriga.
Segundo fontes municipais o proxecto presentouse o ano pasado e foi o propio promotor o que tramitou os informes sectoriais e unha vez completados "el concello otorgó licencia como no puede ser de otra manera", dixo o rexedor popular que entende que "en un polígono industrial tiene cabida iniciativas de muy distinto tipo y está de acuerdo con los informes de medio ambiente y además es una actividad que no está ni siquiera sometida a declaración de incidencia ambiental, se considera una actividad menor dentro de un polígono".
Neste sentido, os socialistas recordan ao alcalde Rodríguez que no conflito dos crematorios de Pontevedra "o maior opositor é ou voceiro do PP Jacobo Moreira, dicindo que esta demostrado que teñen efectos negativos para a saude e deberían estar polo menos a 500 metros de zonas habitadas".
O PSOE de Ponte Caldelas desconfia deste "ocultismo na tramitacion e na licencia para instalar un crematorio, entendento que é un tema moi sensible que xa xenerou moita polémica durante anos en Pontevedra polo que o normal e lóxico e que se debatira en Pleno e se informara e preguntara debidamente os veciños de A Reigosa", afirma Andrés Díaz.
Relacionadas:
-
Os veciños maniféstanse para amosar o seu rexeitamento ao crematorio da Reigosa
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez convoca ós veciños para informar do crematorio da Reigosa
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide aos veciños de Ponte Caldelas que loiten contra a "tramitación franquista" dun crematorio
Por Redacción |
-
A Reigosa aproba mobilizacións contra a instalación dun crematorio no polígono
Por Redacción |
-
As funerarias pontevedresas preparan un frente común contra o "monopolio" de Funespaña
Por Alejandro Espiño |
-
As empresas funerarias estudarán lugares alternativos a Pontevedra
Por Oskar Viéitez |