Máis de 425.000 euros para contratar a 45 perceptores da Renda de Inclusión Social na comarca
Por Redacción
A comarca de Pontevedra recibirá más de 425.000 de euros da Consellería de Traballo e Benestar para que os concellos poidan contratar a 45 perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), no marco da orde de axudas que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado mes de xaneiro.
A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, explicaron en rolda de prensa as características desta actuación destacando que este orzamento permite que a totalidade dos concellos galegos que solicitaron esta axuda e que cumpran cos requisitos marcados na orde recibirán a subvención.
En toda Galicia, os concellos beneficiados serán preto de 210, o que permitirá a contratación dun millar de persoas.
No que respecta á cidade de Pontevedra, o investimento supera os 200.000 euros co fin de contratar a 20 beneficiarios da RISGA.
Os beneficiarios serán contratados polos concellos, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) -eliminándose o requisito de ter unha antigüidade de seis meses- e seguirán tendo preferencia aquelas persoas que estean comprometidas coa realización dun itinerario sociolaboral, así como aos que contan con cargas familiares.
Ademais, os contratos realizaranse polo 75% da xornada laboral a orde recolle entre un 50 e un 75%-, para que os beneficiarios gocen da xornada máxima que recolle a orde. Todos os contratos terán unha duración de sete meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios concellos.
A Consellería, ao igual que o ano pasado, volverá sufragar o total dos custes salariais dos traballadores, incluída a cotización á Seguridade Social.
Relacionadas:
-
Os perceptores da Risga xa están a traballar nas brigadas de xardíns, obras e cemiterios
Por Redacción |
-
Vinte perceptores de Risga serán contratados polo Concello durante sete meses
Por Redacción |
-
Máis de 400 persoas atoparon traballo tras participar nas iniciativas municipais de emprego
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG esixe á Xunta que resolva os atrasos na tramitación da Risga
Por Oskar Viéitez |
-
Desbloquean expedientes de Risga e axudas de emerxencia pendentes dende 2013
Por Redacción |