Vivendas de Bueu e Vilaboa, entre as mellores obras arquitectónicas dos últimos dous anos
Por Redacción
O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará este venres, día 13, a entrega de galardóns da XVI edición dos Premios COAG de Arquitectura no auditorio da sede de Afundación en Vigo, ás 20:00 horas.
Son un recoñecemento ás mellores obras da arquitectura galega, visadas e executadas no ámbito territorial do Colexio de Arquitectos no último bienio (obras acabadas entre o 31 de xullo de 2012 e o 31 de xullo de 2014).
Entre as obras finalistas atópanse, na categoría de Vivenda unifamiliar unha construcción en Bueu, obra de María Luisa Pierres López. Na categoría Arquitecturas efémeras, figura a ordenación do Festival do Norte 2014, no varadoiro do Xufre, na Illa de Arousa e na categoría Baixo Cuto, hai a obra O Refuxio, en Vilaboa do Estudio CastroFerro Arquitectos.
O COAG recibiu 127 candidaturas nas súas diferentes categorías.
O Colexio de Arquitectos de Galicia tamén outorgou o premio especial a toda a traxectoria profesional ao arquitecto Xosé Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño, 1936) que recollerá a súa distinción.
O arquitecto, autor do edificio da Xunta en Pontevedra, xa recibiu en 1997 o Premio Nacional de Arquitectura polo Museo de Belas Artes da Coruña e en 2010 a medalla de ouro do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.
Relacionadas:
-
Os arquitectos organizan un ciclo de encontros a tres bandas en torno á restauración
Por Redacción |
-
Os arquitectos pontevedreses premian a construción de dúas vivendas en Bueu
Por Redacción |
-
O Festival do Norte aspira a chegar a 6.000 espectadores por día na súa estrea na Illa de Arousa
Por Alejandro Espiño |