Varios choques e un atropelo en Pontevedra pola choiva
Por Redacción
O intenso chuvieiro que caeu sobre Pontevedra sobre as nove da noite provocou un atropelo na estrada de Marín, á altura da Casa do Mar e baixo a ponte da Autoestrada.
A esa mesma hora tiña lugar un choque entre dous vehículos, na parroquia de Marcón, concretamente estrada de Ponte Caldas desde o cemiterio de San Mauro.
Os Bombeiros tiveron que excarcerar a unha das vítimas.
Tamén pola tarde rexistráronse outros dous sinistros en Pontemuiños e no barrio de Monte Porreiro.