Belas Artes e a ONCE colaboran na creación de obras adaptadas para persoas invidentes
Por Redacción
A facultade pontevedresa de Belas Artes acaba de poñer en marcha, impulsada pola Delegación de Alumnos, unha iniciativa destinada a achegar a creación artística a persoas invidentes.
Nas próximas semanas estudantes de primeiro curso empezarán a traballar na creación de obras de arte pensadas para persoas con deficiencia visual coa idea de organizar unha exposición colectiva a final de curso que se habilitará a final de curso.
"Un dos nosos principais obxectivos é facer que a facultade se achegue á cidade, e con ese obxectivo propoñemos facer unha exposición pensada expresamente para persoas invidentes", sinalou a delegada de alumnado Pilar Picas.
Previa á elaboración das diferentes pezas e propostas artísticas, a facultade iniciou unha breve formación, inaugurada por Xaime Toxo, profesor e pedagogo da ONCE.
Toxo recoñeceu que a escultura, polos seus volumes, "é quizais a obra artística máis acaída para unha persoa cega", pero iso non significa que o proxecto se limite a esa disciplina.
Grazas a iniciativas como esta, na que se invitará a participar a todo o alumnado de Belas Artes, "a barreira de acceso á arte por parte das persoas cegas tamén se está a romper", explicou o docente.
Relacionadas:
-
Unha canción altruísta para unir a mozos cegos de España e Irlanda
Por Redacción |
-
RADIO.- Abre os oídos e ve a playlist de José Ángel Abraldes
Por Marisa Ciordia |
-
A Xunta asina un convenio coa ONCE para favorecer a inclusión educativa dos seus afiliados
Por Redacción |
-
Festa e arte únense no San Ero
Por Daniel Santomé |
-
Doce estudantes de Belas Artes participan na exposición 'Camiño. A Orixe' con once intervencións no Gaiás
Por Redacción |