A Unión Federal de Policía e o SUP critican a reducida oferta de prazas de axentes na provincia
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Unión Federal de Policía (UFP) e o Sindicato Unificado de Policía (SUP) critican que o borrador de prazas para este ano publicado pola Dirección Xeral deste corpo outorga á provincia de Pontevedra unha "escasa" dotación de recursos "para cubrir as carencias de persoal".
Ante esta situación, na mesa convocada o luns en Madrid para tratar as prazas do concurso xeral de méritos UFP e SUP presentarán alegacións.
No caso de Vilagarcía de Arousa a decisión de asignar unha soa praza é cualificada de "tomadura de pelo", polo que solicitarán "polo menos 10 prazas máis, para que se poida garantir a seguridade cidadá e a seguridade nas intervencións dos policías".
En canto a Marín neste equipo non se repón ningunha praza a pesares de que, segundo insiste a UFP, ten un porto de grande importancia e a proximidade de Pontevedra que leva a un intenso tráfico de persoas e bens, de modo solicitarán polo menos 5 prazas. O SUP engade que si se oferta unha de oficial e quedan seis vacantes.
Na capital de provincia o SUP crítica que se oferten só catro prazas cando había 19 vacantes. Dende UFP solicitarán "polo menos cinco prazas". Xa que a Comisaría viu minguado o seu múmero de axentes nos últimos tempos, "sumando o envío de efectivos á seguridade dos xulgados pola xubilación dos que alí estaban destinados afondando no detrimento de efectivos para a Comisaría, á que a dirección xeral das Policía".
O sindicato UFP tamén solicita o apoio da cidadanía, institucións, partidos políticos e organismos oficiais "e que o Subdelegado do Goberno tome cartas no asunto e se dote de mais policías á nosa provincia, xa que os impostos se pagan aquí igual que noutras partes e se ten dereito aos mesmos servizos".
Relacionadas:
-
Crean unha soa praza de oficial de Policía Nacional para a Comisaría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Boicot sindical aos actos do patrón da Policía porque a Pontevedra non lle conceden medallas con distintivo vermello
Por Redacción |
-
Axentes da policía local, molestos pola falta de recursos, non asisten a un acto de Rueda en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Critican o "desinterese" da Administración ante a "precaria" situación da falta de policías
Por Redacción |
-
A Unión Federal de Policía denuncia sobrecarga de traballo nas comisarías de Vilagarcía e Marín
Por Redacción |
-
Sindicatos policiais critican a entrega de chalecos antibalas "con arranxos tipo Pepe Gotera e Otilio"
Por Redacción |