Biempica: "No se puede vivir del modelo urbano; el Concello sí lo hace, pero los pontevedreses no"
Por Natalia Puga
A concelleira non adscrita do Concello de Pontevedra, María Biempica, deu o seu total apoio á plataforma de apoio á industria na comarca de Pontevedra e critica que tan só recibiron o seu respaldo e o da agrupación política Ciudadanos (C's). Tras reunirse cos empresarios que defenden a permanencia da fábrica de Ence na Ría de Pontevedra máis alá do ano 2018, fixo público o seu apoio aos postulados deste grupo e que ela mesma tamén avala que a pasteira quede na súa situación actual en Lourizán.
Biempica compareceu ante os medios de comunicación para relatar o contido da reunión e mostrouse moi crítica co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a súa aposta política centrada no modelo de cidade recentemente premiado por ONU-Hábitat sen promover outro tipo de proxectos económicos que xeren emprego e desenvolvemento. Recórdalle que "no se puede vivir del modelo urbano; el Concello sí lo hace, pero los pontevedreses no".
Aínda que se mostra orgullosa dese modelo de cidade e o aplaude, Biempica insiste en que "non se pode vivir 16 anos dun modelo urbano" e, tras catro mandatos do BNG en Pontevedra, "hai un estancamiento evidente" no seu proxecto político e o Goberno local "ha demostrado que no es proactivo con el modelo productivo de la provincia y es inamovible en su postura".
"La democracia, señor Lores, es estar abierto al diálogo y a la búsqueda de consenso"
"La democracia, señor Lores, es estar abierto al diálogo y a la búsqueda de consenso", recórdalle ao tempo que considera "lamentable" que a súa postura en relación coa permanencia de Ence na Ría de Pontevedra sexa "rígida y excluyente" e non atenda aos intereses dos empregados e empresas que prestan servizos á factoría e "dependen directamente" da papeleira.
Ao respecto, Biempica pide publicamente a Lores que estea presente nas negociacións coa empresa e a Xunta para analizar o futuro da pasteira, pois "os intereses municipais non poden ser os grandes ausentes" e o Goberno local, como representante de todos os pontevedreses, "tendrá que reunirse, dialogar, acercar posturas y exigir a cambio alternativas viables en caso de perder tantos puestos de trabajo".
A preguntas dos xornalistas, María Biempica recoñeceu que o seu marido é capataz forestal e traballa en Ence, pero desvinculou a súa postura sobre este asunto dos vínculos familiares porque "en ningún momento voy a anteponer los intereses particulares". Ao respecto, recordou que sempre defendeu os intereses dos pontevedreses e se posicionou noutras loitas sociais como as plataformas Non Crematorios ou Salvemos a Fracha a pesar de non ser afectada directa polos proxectos aos que se opoñen.
Biempica faise eco das críticas dos empresarios pro industria, que mostran o seu "malestar" con todas as forzas políticas e co alcalde, con quen se reuniron semanas atrás e, ao termo do encontro, manifestaron que coinciden nos seus postulados un 95%. A concelleira recolle o que di que son palabras textuais dos empresarios, que "dicen que el alcalde les ha metido un gol de puta madre porque ese 95% que habla que está de acuerdo en sus pretensiones no es así, le ha dado la vuelta a la tortilla. En realidad, para ellos, Ence es ese 95%".
Relacionadas:
-
"Nós, a diferenza doutros, dependemos só de Pontevedra. Esa é a nosa fortaleza”
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ciudadanos respalda que ENCE siga na Ría se cumpre con todos os parámetros ambientais
Por Redacción |
-
Lores e a plataforma de empresarios pro-industria, de acordo nun 95%: "o outro 5% é ENCE"
Por Alejandro Espiño |
-
Jacobo Moreira desvelará en marzo a súa postura "contundente" sobre o futuro de ENCE
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |