Lores apoia a manifestación de SOS Sanidade: "O Hospital de Monte Carrasco é un bluf"
Por Anxo Lourido
O Concello de Pontevedra sumarase á convocatoria de manifestación pola sanidade pública convocada pola plataforma SOS Sanidade para o próximo 19 de marzo. Na mañá deste mércores 11, o representante do colectivo organizador, Verísimo Pazos, mantivo unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na que tamén estivo presente a representante municipal na plataforma, Anxos Riveiro.
Tras o encontro, Fernández Lores sinalou que este tema se tratará na próxima xunta de goberno na que se acordará o apoio municipal a esta mobilización, xa que o PSOE tamén se encontra representado en SOS Sanidade, indicou o rexedor.
O alcalde lamentou a deterioración da sanidade pública durante os últimos anos coa redución de persoal, o incremento das listas de espera, ademais da privatización dos servizos sanitarios.
Fernández Lores quixo referirse á situación da área de Pontevedra criticando a actitude da Xunta de Galicia que, segundo sinalou, non ten previsto investir nin na ampliación de Montecelo nin na construción dun novo hospital. "O Hospital de Monte Carrasco é un bluf" apuntou o alcalde, que denunciou a falta de investimentos por parte da administración autonómica en Pontevedra.
Verísimo Pazos insistiu na necesidade de que os cidadáns saian á rúa para evitar que a sanidade continúe pasando ás mans de empresas privadas.
Relacionadas:
-
Sanidade non renuncia ao hospital de Monte Carrasco e anuncia que "volveremos falar co Concello"
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra defende na rúa unha sanidade "pública e de calidade" fronte a recortes e privatizacións
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
SOS Sanidade Pública convoca unha nova manifestación contra os recortes sanitarios
Por Redacción |
-
José Manuel González: "Montecelo cada vez cumple menos condiciones de hospital de futuro"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |