Mulleres traballadoras saudando ao sol
Por Redacción
Dentro da gran cantidade de actos convocados con motivo do día da muller traballadora incluíuse unha clase de ioga.
A iniciativa desenvolveuse no salón da cafetaría Entre Sartenes da estación de autobuses e foi organizada por Herbalife Pontevedra.
A sesión correu a cargo da profesional no campo da naturopatia e o ioga, Isabel Barros Amestoy, experta nesta disciplina milenaria, os estiramentos e as posturas son a base do exercicio.
No evento, de asistencia gratuíta, participou un grande numero de persoas. Algunhas delas era a primeira vez que practicaban estes exercicios tan beneficiosos para levantar o ánimo, dar un "impulso enerxético" ás nosas vidas.
Curiosamente na antiga India a práctica do ioga estaba case exclusivamente reservada aos homes, afortunadamente a principios do século XX comezouse a admitir nos centros de ioga a mulleres e a comezo dos 70 empezou a chegar a occidente. Hoxe en día unha alta porcentaxe das persoas que practican ioga en todo o mundo son mulleres.