Arrancan as obras de consolidación das ruínas de San Domingos
Por Redacción
Este martes arrancaron as obras de consolidación das Ruínas de San Domingos, declarado Monumento Nacional dende o ano 1895.
Nos últimos meses, técnicos e especialistas viñeron realizando estudios de evaluación do estado das ruínas para conocer a súa seguridade e plantexar as recomendacións de actuación. En base a eses estudios, a Deputación encargou un proxecto de execución a unha firma especializada en este tipo de traballos para limpiar e consolidar os muros de fábrica esistentes, para garantir a súa conservación así como para realizar labouras que mitiguen a presenza de auga no arranque do muro.
Os traballos iniciados, que teñen un prazo de execución de catro meses, contemplan unhas actuacións previas e traballos concretos de consolidación.
ÿstes consisten nos seguintes:
- Limpeza dos paramentos de muros polas caras exterior e interior.
- Limpeza dos conductos de evacuación de auga
- Saneamento das xuntas de fábrica nos paramentos
- Rexuntado do aparello en todas as súas superficies garantindo a súa capacidade para frear a entrada de auga
- Extracción de sales, solubles e non solubles, nos sitios máis problemáticos
- Recollida dos fragmentos do capitel desprendido e estudio da posibilidade de dispoñelo de novo na súa ubicación orixinal
- Aplicación de biocidas en diversas áreas
- Revisión e fixación da estabilidade das tallas dos capiteis e elementos escultóricos
- Disposición dun fleje de aceiro inoxidable para garantizar a estabilidade do parteluz nas ventás
- Disposición de chapa de aceiro inoxidable para consolidar pezas soltas de gran tamaño e peso en zonas non visibles.
- Colocación de elementos metálicos anti-aves nos alféizares das ventás e repisas dos capiteis.
A actuación nas ruínas que este martes se iniciou levaráse a cabo nunha superficie interior de 698 metros cadrados e exterior de 1.010 metros cadrados.
Relacionadas:
-
Sopesan prolongar a rehabilitación das Ruínas de San Domingos, pechadas dende agosto de 2013
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a Deputación pola "destrución intencionada" dunha colonia de cría do cirrio común nas ruínas de San Domingos
Por Oskar Viéitez |
-
As Ruínas de San Domingos tamén verán mellorada a accesibilidade de todo o seu ámbito
Por Redacción |
-
Confían en reabrir as Ruínas de San Domingos antes do verán ante o bo ritmo das obras
Por Redacción |
-
Autorizada a restauración das Ruínas de San Domingos tras recibir o visto bo de Patrimonio
Por Alejandro Espiño |
-
94.468 persoas visitaron o Museo de Pontevedra durante o 2014
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación anuncia a inmediata licitación da restauración das ruínas de San Domingos
Por Redacción |