Máis de 500 viveiristas de Europa recalarán en Pontevedra os vindeiros 7 e 8 de maio
Por Redacción
A Fundación Incyde está a organizar, en colaboración coa Deputación Provincial, a celebración dun congreso de viveiristas en Pontevedra, que se celebrará os días 7 e 8 de maio de 2015, na Sede Afundación Pontevedra.
A pesar de que a organización do evento é responsabilidade do Incyde, a Deputación colabora difundindo o evento e publicitando os procedementos de contratación para que as empresas da provincia interesadas poidan participen.
Na actualidade o Incyde xa abriu o procedemento para seleccionar unha axencia de viaxes que xestione os traslados dos participantes no congreso, por un importe total de 82.000 euros.
O Encontro Internacional de Viveiros de Empresas en Pontevedra terá especial sensibilidade e orientación hacia sectores produtivos estratéxicos da provincia e desenvolverá as seguintes actuacións:
- Xornadas e grupos de traballo, orientadas a xestores dos viveiros de empresas, sobre organización, xestión, financiación e políticas de emprendemento.
- Acceso á financiación para as empresas viveiristas
- Desenrolo de experiencias internacionais comparadas
- Xornadas Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico
- Networking activo (rede de contactos e oportunidades de negocio) entre os asistentes.
Na xuntanza participarán membros da Rede de Viveiros Empresariais de Incyde, a maior de Europa, con 96 viveiros funcionando e 15 en construcción, todos financiados a través dos Fondos Feder. Dende o 2002, a Fundación Incyde creou 2.800 micropemes en colaboración coas Cámaras de Comercio e distintas institucións. Esa foi unha das razóns polas que recibeu recentemente o Premio de Boas Prácticas, de máns dos Fondos Feder e da Comisión Europea.
Relacionadas:
-
O 95% das iniciativas que xorden nos viveiros de empresas consolídanse no mercado
Por Oskar Viéitez |
-
Construcciones Abal fará o Centro de Servizos de Barro-Meis por 706.141 euros
Por Redacción |
-
A incubadora de empresas do Campus de Pontevedra custará preto de 1,2 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |