O sol seguirá lucindo ata o mércores nas Rías Baixas
O bo tempo chegou para quedar ata o mércores no litoral galego alcanzando este luns os 21 graos de máxima. As altas presións que permanecen sobre Galicia son responsable desta estabilidade meteorolóxica pola que estamos a pasar. As temperaturas non reflicten grandes cambios nas Rías Baixas agás un lixeiro ascenso das mínimas que están nos 8 graos. O vento seguirá soprando frouxo e con dirección variable.
O martes trae un tempo semellante ao dos días anteriores. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, situándose a 8 graos de mínima e 20 de máxima.
A barreira que fan as altas presións seguirán impedindo a entrada das frontes que se achegan polo Atlántico. Os ceos xa non lucirán tan azuis, a presenza de nubes altas durante toda a xornada e brumas no litoral son o panorama que prevé o servizo de MeteoGalicia. As temperaturas por outro lado baixan ata alcanzar unha máxima de 18 graos. As mínimas permanecerán constantes con temperaturas que roldarán os 7 graos.
O xoves será un día de cambio na situación meteorolóxica pola progresiva aproximación dunha fronte pouco activa ao longo do día. Os días soleados cambiaranse por un amañecer parcialmente cuberto de nubes altas que se irán remplazando por nubes medias e baixas que chegan procedentes dende o Atlántico.
As últimas horas da tarde deixarán precipitacións que se prolongarán durante todo o venres. As temperaturas sufrirán un lixeiro cambio, aumentando as mínimas e descendendo as máximas. O vento, de compoñente sur, comenzará soprando frouxo con intervalos moderados durante todo o día no litoral Atlántico. Xa pola noite cambiará para soprar dende o norte.