A Cámara recrimina á Deputación que "tendrá que explicar" a falta de apoio a Ferpalia
Por Natalia Puga
"Si alguien no ha apoyado los eventos de la Cámara tendrá que explicarlo". Acudindo a circunloquios e sen facer unha crítica directa á Deputación Provincial, pero o presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Antonio Gómez Rivera, recrimina á institución provincial que rexeitase apoiar economicamente o salón do turismo Ferpalia e, pola contra, comprometese o seu respaldo á bolsa de contratación que se celebraba dentro deste evento cameral e que este 2012 pasará a facerse por separado, organizada por Bolcontur.
Gómez Rivera reuniuse co Grupo Municipal do PSdeG-PSOE para explicarlle a situación que pasa a entidade camaral. Despois do encontro, sinalou que "tendrá que explicar la Deputación por qué ha tenido relación con nosotros y la respuesta que hemos obtenido es que no hay fondos para los eventos de la Cámara" mentres que Bolcontur si tivo receptividade e respaldo económico.
"No nos sentimos ni discriminados ni no discriminados", indicou, pero engadiu que "hay una cuestión de prioridades y de apoyo" e "la realidad es que no se apoya los eventos de la Cámara por razones que yo desconozco. El resultado es que la Cámara no ha contado con más apoyos de otras instituciones excepto del Concello".
Gómez Rivera anunciou que a entidade que preside está en proceso de reformulación do concepto de Ferpalia tras as útimas novidades. "Estamos trabajando desde hace dos días, desde el día 2 que tuvimos la reunión del comité ejecutivo, en buscar alternativa a lo que es Ferpalia sin bolsa de contratación", explicou.
"Ferpalia ya era Ferpalia antes de la bolsa de contratación"
Recoñeceu que "la pata de la mesa de contratación a lo mejor cubría una serie de temas que no se estaban dando en la parte expositiva y ahora tenemos que dar la parte", pero defendeu a importancia do salón do turismo por si mesmo: "Ferpalia ya era Ferpalia antes de la bolsa de contratación y Ferpalia puede seguir siendo Ferpalia después de la bolsa de contratación".
Ata o momento, non hai ningún camiño de traballo definido, pero si está decidido que manterá un obxectivo claro: "queremos que sea atractivo y adecuado a la calidad que tiene Ferpalia, hacer una feria que sirva para promocionar Pontevedra".
Ao respecto, a Cámara anunciou que Gómez Rivera xa cursou as ordes oportunas aos técnicos, para abrir un procedemento de urxencia, o percorrido legal, que permita adxudicar ambos os dous proxectos (Ferpalia e Pomóvil) a unha ou varias empresas especializadas.
Carlota Román: "Siempre hemos apostado y apoyado a la Cámara"
A concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, a socialista Carlota Román, asegurou, ao termo da reunión con Gómez Rivera, que dende o grupo socialista "reiterarmos el apoyo" á Cámara de Comercio. Este respaldo ten unha cifra, "tienen a disposición una retención de crédito de 45.000 euros una vez que hicimos la deducción de las ferias que no se hicieron antes".
A edil reiterou que dende o Concello de Pontevedra "siempre hemos apostado y apoyado a la Cámara" e sinalou que deixa no tellado da entidade cameral que decida que partida deses 45.000 euros destina á organización de Ferpalia e cal ás dúas edicións de Pomóvil que se celebrarán antes de final de ano. "Cómo lo distribuyen es una decisión suya, a nosotros nos da igual", concluíu.
Relacionadas:
-
Pontevedra perde Bolcotur: tras vinte anos na cidade, a Deputación lévaa para Vigo
Por Alejandro Espiño |
-
Bolcotur e a Pontevedra Olímpica
Por Oskar Viéitez |
-
Pomovil en novembro e Ferpalia en decembro, plans da Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
Ferpalia en "panos menores" ao perder a Bolsa de Contratación
Por Oskar Viéitez |
-
Lores: "As Cámaras de Comercio, tal e como están, é moi difícil que poidan montar calquera tipo de actividade"
Por Redacción |
-
Ferpalia e Pomóvil sortean a crise e manteranse no calendario feiral de Pontevedra no 2012
Por Redacción |