Convocan 34 novos permisos de marisqueo nas confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó
Por Redacción
A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca un total de 34 novos permisos de explotación para marisqueo a pé nas confrarías de pescadores do fondo da ría de Pontevedra. Deles, 23 corresponden á confraría de Pontevedra, 10 á de Lourizán e 1 á de Raxó.
Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Xunta de Galicia.
Nos tres casos, o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende este martes, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.
As solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.
Todas estas prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.
Relacionadas:
-
A Consellería de Mar e a Deputación acordan unha liña de axudas coas 22 confrarías da provincia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As mariscadoras de Lourizán paran a actividade na depuradora ante unha vertedura de residuais en Praceres
Por Redacción |
-
Boas expectativas para o marisqueo na Ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |