Consumo seguirá coas arbitraxes mentres NGB acepte solicitudes
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe, durante unha intervención no Pleno do Parlamento Galego, que Consumo seguirá levando a cabo arbitraxes mentres NGB acepte solicitudes.
Conde lembrou que se trata "dunha arbitraxe institucional, suxeita a unha regulación estatal específica", que se configura como unha vía extraxudicial á que se someten as partes de maneira voluntaria.
Así, explicou Conde, da mesma maneira que non se pode obrigar a ningunha das partes a seguir este procedemento, "a Xunta non vai pechar o prazo para que as persoas afectadas poidan acollerse a arbitraxe, xa que non lle corresponde facelo".
11.000 aforradores galegos recuperon os seus aforros
Desta forma, o Instituto Galego de Consumo seguirá levando a cabo arbitraxes mentres a entidade acepte solicitudes.
Dos cerca de cen mil afectados polas preferentes en Galicia, 11.000 aforradores galegos recuperon os seus aforros, máis de 200 millóns de euros que tiñan bloqueados, segundo informou a Xunta.
Afectados polas preferentes interrumpiron a sesión parlamentaria ao escoitar ao conselleiro, polo que foron expulsados do edificio.
"Va a correr la sangre", berrou un deles desesperado.
Xosé Manuel Beiras (AGE), Ana Pontón, Carlos Aymerich e Francisco Jorquera (BNG), Carmen Gallego (PSdeG), meteronse no medio dos afectados para intentar calmalos mentras que no hemiciclo os deputados do PP xa tiñan abandonado os seus escanos.
Para o Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda esta intervención amosa o "desprezo, soberbia e falta de sensibilidade do PP" contra toda a cidadanía.
Relacionadas:
-
Esixen que continúen as arbitraxes das preferentes "ata que o último estafado recupere os aforros"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Unha afectada polas preferentes péchase no interior do banco en bragas
Por Redacción |
-
Afectados polas preferentes animan a unha retirada "masiva e inmediata" de cartos de NGB
Por Redacción |
-
Afectados polas preferentes 'Venden por estafa' unha sucursal de Novagalicia Banco
Por Redacción |