Festa solidaria no colexio das Doroteas
Por Mónica Patxot
Este venres é día de festa no Colexio das Doroteas. Conmemoraban a fundadora da congregación, Santa Paula de Frassinetti.
O patio reuniu o millar de alumnos que estudan neste centro, nunha festa en estivérona moi presentes os seus compañeiros de Arequipa, en Perú. E é que o evento tivo un marcado carácter solidario xa que os nenos recadaron fondos co fin de contribuír ao almorzo escolar do colexio que as Doroteas dirixen en Cerro Colorado.
Deste modo, con este bonito xesto os alumnos do colexio peruano terán garantido, todos os días, un nutritivo almorzo que inclúa leite, cereais, cacao, pan ou froita.
Durante varios anos as distintas xeracións de alumnos que cursaron estudos neste histórico colexio pontevedrés envorcáronse cos seus compañeiros do outro lado do Atlántico. Primeiro na construción do colexio en Perú e agora son os almorzos saudables.
Unha lección de solidariedade, xustiza universal e de xenerosidade, aínda que tamén un divertido encontro con todos os compañeiros cheo de música e xogos.