Rescatan o ocupante dun vehículo que quedou atrapado ao envocar en Sanxenxo
Por Redacción
Un accidente de circulación deixou atrapado o ocupante dun turismo en Sanxenxo. O sinistro produciuse ás 13.28 horas no lugar da Granxa e a vítima, un varón, está "orientado e consciente" e con estado menos grave.
O sinistro produciuse, segundo Emerxencías de Sanxenxo, na estrada PO-308 e motivou o traslado do camión dos Bombeiros de Sanxenxo. Os seus efectivos tiveron que excarcerar a vítima.
Unha vez rescatado polos bombeiros, o ferido foi atendido polos efectivos dunha ambulancia do 061 e trasladado a un centro hospitalario.
O despregamento do vehículo de Bombeiros de Sanxexo provocou que quedase cortado un carril de circulación, se ben non se rexistraron restricións de tráfico. O turismo envorcou e levou por diante un colector de recollida de lixo.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 indicou que tamén se mobilizou ao lugar aos Bombeiros do Salnés e a Garda Civil de Tráfico.