Máis de 2.000 alumnos participaron nas actividades de prevención das drogodependencias en Vilagarcía
Por Redacción
O Servizo Preventivo e Asistencial de Drogodependencias (SPAD) de Vilagarcía desenvolveu durante o primeiro trimestre do curso escolar 2014/15 numerosas actividades socio educativas en colexios e institutos do municipio e dos concellos adscritos nas que participaron un total de 2.081 alumnos de diversos niveis e 95 profesores.
Estas actividades teñen como obxectivo informar e educar aos estudantes a efectos de previr o consumo de alcohol e outras drogas.
Trátase de ofrecer información veraz sobre os efectos destas substancias a nivel físico ou á hora de actuar unha persoa, por exemplo ao volante, os riscos que conleva para a súa saúde ou como elemento de risco de sufrir accidentes de tráfico.
Tamén se ocupan de destruír falsos mitos e de promover unha actitude responsable e crítica por parte dos rapaces á hora de enfrontarse, por exemplo, á presión do grupo.