Desvalixan unha empresa de formigóns e o vestiario dun campo de fútbol de Barro
Por Redacción
A empresa de formigóns Canteiras Industriais do Bierzo e o propio Concello de Barro denunciaron nos últimos días que foron vítimas do paso dos ladróns, segudo saiu a relucir nas últimas horas a través das redes sociais e se deu a coñecer á Garda Civil.
No caso da empresa dedicada ao formigón, os ladróns desvalixaron a nave situada no polígono de Sequeiros. Tras forzar a porta de acceso, leváronse material que podería estar valorado entre os 15.000 e os 17.000 euros.
O empresario presentou denuncia ante a Garda Civil sinalando que o roubo tivo que producirse entre os días 15 de novembro e o 10 de decembro.
O alcalde do municipio, José Antonio Landín, tamén acudiu á Garda Civil. Se é o caso, denunciou que o roubo se produciu durante o pasado fin de semana no campo de fútbol de Cesto Redondo.
Segundo indicou, leváronse material como luminarias, ademais de destruír unhas instalacións recén reformadas. O custo da acción dos ladróns situaríase nos 1.000 euros.