Sanxenxo inicia a selección de 30 desempregados para postos municipais temporais
O Concello de Sanxenxo iniciou o martes 3 de marzo o proceso de selección para ocupar os novos postos do equipo municipal.
Os 30 postos que se crearon no Concello de Sanxenxo darán traballo a aqueles candidatos que estean inscritos no Servizo Municipal de Emprego de Galicia, ademais de cumprir o requisito de non ser perceptores de prestacións sociais, agás aquelas axudas destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia.
Con esta iniciativa, que conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra, preténdese ofrecer a oportunidade a 30 persoas de adquirir experiencia laboral para así mellorar a súa futura inserción no mercado laboral.
Os postos que o Concello de Sanxenxo creou son catro deles para persoal administrativo, e os 26 restantes estarán dentro dos departamentos de Obras e Servizos, Limpeza de Praia e no de Parques e Xardíns. Estes contratos desenvolveranse nun período de seis meses a tempo parcial en xornadas de 25 horas á semana.
O concelleiro delegado de persoal, Salvador Durán confirmou que xa están a realizar a selección dos aspirantes que optan a estes postos, os cales son remitidos polo Servizo Público de Emprego ao cumprir os requisitos establecidos na orde da Deputación de Pontevedra e contar coa capacidade para desenvolver as áreas encomendadas.
Salvador Durán apuntou que os aspirantes a estes novos postos da Administración local comezarán a traballar antes do próximo día 1, cando se finalice o proceso de selección mediante as entrevistas que preceden ás probas.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas incorpora 24 operarios para limpeza e reparación de insfraestruturas
Por Redacción |
-
Marín contratará 16 traballadores a través do seu plan de emprego municipal
Por Redacción |
-
Sanxenxo contratará temporalmente trinta desempregados para reforzar o seu persoal municipal
Por Redacción |