Enrique Vaqueiro, confirmado como candidato socialista na Lama
Por Redacción
O actual voceiro do Partido Socialista na Lama, Enrique Vaqueiro, repetirá como candidato a alcaldía no municipio nas próximas eleccións do 25 de maio.
Vaqueiro, licenciado en Relacións Internacionais e en Ciencias Políticas, recoñeceu estar "tan ilusionado como o primeiro día. Presentaremos unha lista con veciños e veciñas de todas as parroquias, xente nova, preparada e con ganas".
En poucos días o PSdeG-PSOE da Lama dará a coñecer a composición da lista electoral que aspira a relevar na alcaldía ao popular Jorge Canda.
"Agora toca redactar un programa electoral crible e realizable que debe xirar en torno das dúas eivas da Lama: a despoboación e o desemprego", declarou o voceiro socialista.