O heroe reincidente
Por Redacción
A quenda de traballo de Kiko na Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra parece empeñada en levalo á primeira plana dos medios de comunicación a pesar de que el prefira manterse no anonimato. Se hai unhas semanas protagonizaba un espectacular rescate dunha muller a punto de precipitarse dun tellado, este luns pola noite meteuse tanto nas tarefas de salvamento vinculadas a un incendio que tivo que ser atendido nunha ambulancia.
Podería considerarse a Kiko un heroe reincidete. O 1 de decembro acompañoulle na súa pericia a súa compañeira Sole e nesta ocasión outra axente, a xefe de grupo. En ambos os dous casos, os dous policías teñen a mesma implicación nas historias que protagonizaron, se ben só el repite na repartición.
En concreto, xunto á súa nova compañeira tivo que ser asistido polos sanitarios dunha ambulancia do 061 despois de que interviñesen durante un incendio que se produciu no quinto piso dun edificio de vivendas situado no número 29 da rúa Loureiro Crespo.
O lume orixinouse nunha campá extractora dunha cociña. Era pouco máis tarde das dez da noite e o sinistro xerou unha intensa fumareda que afectou á totalidade do domicilio e se estendeu outros puntos do inmoble, o que que obrigou a desaloxar practicamente todo o edificio.
Os dous policías participaron xunto a outros compañeiros e efectivos do Corpo de Bombeiros no operativo. Se é o caso, entraron no piso do que saía o fume para comprobar a orixe deste. Ademais, axudaron a sufocar o lume co extintor do coche patrulla ao tempo que os bombeiros aireaban o edificio.
Os axentes remataron con éxito a intervención, pero ao final desta necesitaron máscaras de osíxeno. Inhalaran demasiado fume. Iso si, recuperáronse rapidamente e puideron regresar á casa sen requirir ingreso hospitalario.