A chuvia causa un regueiro de accidentes nas estradas
Por Redacción
O binomio chuvia e estrada sumou esta fin de semana unha miríade de accidentes de tráfico, afortunadamente todos eles leves e sen feridos de consideración.
Na gran maioría dos casos os sinistros consistiron en saídas de vía, debido á perda do control do vehículo por parte do condutor.
Entre os accidentes máis aparatosos destaca o xiro dunha furgoneta rexistrado na Autovía do Salnés á altura de Adina. Aconteceu o pasado domingo. No vehículo viaxaban catro mozos, resultando ferido un deles.
Nesta mesma estrada tiveron que intervir os servizos de emerxencias para atender á condutora dun Audi A-4 que pouco antes da saída de Armenteira envorcou co seu turismo. A condutora salío do vehiculo polo seu propio pé e non presentaba feridas de gravidade.
Outro accidente do que se ten constancia aconteceu no punto quilométrico 217 da N-640 ao seu paso por Cuntis, segundo informou Protección Civil desta localidade. Un coche impactou coa súa parte traseira cunha casa. O condutor, un veciño do Porriño, sufriu un golpe na cabeza que non revestía gravidade.