Sindicalistas e policías protestan contra a apertura dun expediente a un axente local
Por Redacción
Membros da Policía Local e sindicalistas concentráronse este venres ante o Concello de Sanxenxo en protesta contra a apertura dun expediente disciplinario a un axente.
Segundo o sindicato Comisións Obreiras "o expediente non hai por onde collelo, e sen lugar a dubida e unha mostra da deriva a dirección política e policial que nos últimos anos ven sufrindo os membros da policía local e quizás, é o mais grave, o servizo que se presta aos cidadáns".
Comisións Obreiras denuncia que "este intento de represión sindical pola vía de silenciar as criticas coas amenazas de abusar do réximen disciplinario", se inicia a instancias dos mandos da Policía Local de Sanxenxo, "e conta co rechazo absoluto da ampla maioría do plantel.
Os voceiros sindicais reclaman a intervención da alcaldesa, Catalina González, para evitar que se abra este expediente.
Nos próximos días acordarán novas mobilizacións, mentras non se produza o arquivo.