Construcciones Abal fará o Centro de Servizos de Barro-Meis por 706.141 euros

Por Redacción
A Deputación de Pontevedra adxudicou este venres, na súa xunta de goberno, a construcción dun Centro de Servizos e Apoio Empresarial no polígono industrial de Barro-Meis á empresa Construcciones Abal en 706.141 euros e un prazo de execución de nove meses.
Ao concurso presentáronse 25 empresas e pasaron o corte 14. A obra, que será levantada nunha parcela de 5.136 metros cadrados, foi adxudicada cun 21% de baixa pois a licitación era de 898.641 euros e as melloras ofertadas pola empresa son de 70.000 euros.
Unha vez adxudicado o Viveiro de Empresas que acollerá no parque industrial a novos emprendedores, e despois de que o polígono acadara unha porcentaxe de ocupación de máis do 50% a Deputación quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun Centro de Servizos e Apoio ás empresas instaladas que, ao tempo, proporcione novos espazos para a celebración de reunións, oficiñas, salas, auditorio, servizo de restauración, cafetería e outros.
O novo centro será un edificio de planta baixa, primeira e baixo cuberta. Na planta baixa albergaráse unha cafetería, servizos e oficiñas. Na primeira, un espazo para auditorio e salas multiusos ademáis de almacéns e outras dependencias. No baixo cuberta, irán os cuartos precisos para o funcionamento e ubicación das instalacións.
A edificación terá unha forma baseada en volumes ortogonais, cunha superficie útil próxima aos 1.200 metros cadrados.
Relacionadas:
-
Os deputados populares reclaman que se acelere o proxecto do polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
O edificio de servizos de Barro-Meis estará en funcionamento a principios de 2016
Por Redacción |
-
O viveiro de empresas de Barro-Meis albergará a 16 emprendedores dende finais do verán
Por Redacción |
-
Máis de 500 viveiristas de Europa recalarán en Pontevedra os vindeiros 7 e 8 de maio
Por Redacción |
-
Piden que os veciños de Barro poidan utilizar o Centro de Servizos e Apoio Empresarial da Deputación
Por Redacción |
-
Sacan a concurso un centro de servizos en Barro-Meis e as obras da cuberta do Pazo Provincial
Por Redacción |