O PP sopesa recorrer ante o Contencioso o contrato de mantemento de xardíns
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O grupo municipal do Partido Popular insiste en que o Concello "ha sobredimensionado" os pregos de condicións que van rexer a contratación do servizo de mantemento de xardíns de Pontevedra. Os populares mantéñense na súa tese a pesar de que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais acaba de referendar o procedemento posto en marcha polo goberno local.
Malia este revés, o concelleiro do PP, César Abal reafirmase en que esta forma de proceder do goberno local é unha "barbaridad jurídica" e lamenta que o concello non redactase uns novos pregos durante o tempo que estivo suspendido de xeito provisional este proceso.
Aínda que a resolución do Tribunal Administrativo Central desestima o recurso interposto polo concelleiro César Abal en nome do PP ábrese unha nova posibilidade que é recorrer ante a sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Unha posibilidade que está a ser estudada e que "se valorará" durante os dous meses que teñen de prazo, ata o 26 de abril de 2015.
O goberno local entregou ao tribunal un informe técnico "bastante bueno y elaborado", segundo indicou Abal, que "mete la duda razonable al tribunal" ao xustificar que os terreos da antiga fábrica de Tafisa, serán recepcionar polo Concello de Pontevedra antes do 28 de febreiro "aunque sabemos que no va a ser así", dixo.
Tamén citou que no Álvarez Limeses se contabilizan un total de 2.887 metros cadrados, cando en realidade a zona verde é de 65, mesmo se sinala como zona verde a praza de cemento de Praceres. "Todos estos errores suponen que los vecinos de Pontevedra pagarán con sus impuestos el mantenimiento de jardines que en realidad no el son", dixo César Abal.
"El Partido Popular de Pontevedra es transparente y tanto si ganamos como si no, salimos a dar la cara porque no tenemos nada que ocultar", concluíu César Abal.
Relacionadas:
-
O Tribunal Administrativo Central referenda o contrato de mantemento de xardíns que cuestionaba o PP
Por Natalia Puga |
-
Oito empresas optan ao novo contrato de mantemento de xardíns e zonas verdes
Por Redacción |
-
O Concello agarda que a suspensión do novo contrato de xardíns se levante nuns días
Por Redacción |
-
Suspenden a licitación do novo contrato de mantemento de xardíns de Pontevedra
Por Redacción |