Nova imaxe para a glorieta de Cuñas
Por Redacción
A glorieta de Cuñas conta cunha nova e mellorada imaxe despois dos traballos de acondicionamento realizados en colaboración dos alumnos do módulo de xardinaría do Obradoiro Municipal de Emprego.
A actuación consistiu na colocación de plantas ornamentais e a aplicación de técnicas decorativas urbanas coa intención de mellorar a imaxe de entrada a Ponte Caldelas.
Esta rotonda foi construída durante as obras de seguridade vial entre Cuñas e o acceso a Ponte Caldelas, na PO-532, financiadas pola Xunta de Galicia.
Os traballos completan a actuación realizada hai poucas semanas na glorieta de Pazos, na PO-225.