Pais e estudantes chamados a participar nunha manifestación contra a reforma do sistema universitario
Por Redacción
A folga educativa convocada para o xoves contra a reforma do sistema universitario contará cunha manifestación que percorrerá as rúas da Pontevedra a mediodía con saída na praza da Peregrina.
Alberte Fernández, voceiro de Galiza Nova a organización xuvenil do BNG destacou a importancia de participar nesta protesta contra "este novo ataque contra ou ensino público", que ao seu xuízo co que se pechan as portas da universidade á maioría dos estudantes.
O chamamento de Galicia Nova non só diríxese aos estudantes senón tamén busca o apoio doutros sectores como o profesorado ou os pais.
"Esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2", dixo Alberte Fernández.
Para o voceiro de Galiza Nova, "o PP pretende volver ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de retornar a un ensino máis españolizado e só para os ricos"
Relacionadas:
-
Folga no campus con escasa presenza de alumnos na manifestación contra a reforma universitaria
Por Anxo Lourido |
-
Os estudantes maniféstanse polas rúas de Pontevedra contra o 3+2
Por Mónica Patxot |
-
O alumnado de cursos inferiores a 3º da ESO non poderá facer folga sen permiso paterno
Por Oskar Viéitez |