Somos un pobo que camiña. Volven as andainas!
Por Redacción
A concelleira de Dinamización Sociocultural, Anxos Riveiro presentou o programa de rutas guiadas que comezan o próximo 1 de Marzo cun percorrido polo Litoral de Castrelo, en Cambados.
Anxos Riveiro lembrou que é un dos programas máis exitosos do Concello porque permite combinar exercicio físico e coñecer as novas paraxes do municipio e dos seus arredores.
Son oito roteiros que teñen unha dificultade baixa para permitir que se sume toda a xente que queira, cunha duración dunhas 3 horas. Son roteiros novos e outros xa coñecidos e escolléronse, os novos, por resultar interesantes, e os repetidos por ser os máis demandados.
As recomendacións para participar nestas andainas son acudir cun calzado adecuado. Ademais, deberanse inscribir chamando ao teléfono 986 80 43 00 ext. 7584
Os novos roteiros son:
- 1 de Marzo Litoral de Castrelo (Cambados)
- 8 de Marzo A Canicouva
- 15 de Marzo Senda Litoral de Cangas
- 22 de Marzo Río Barosa(Barro)
- 29 de Marzo Monte Castrove
- 5 de Abril As Pontes do Lérez (Forcarei)
- 12 de Abril Monte Seixo (Cerdedo Cotobade)
- 19 de Abril Senda do Barragán (Pazos de Borbén Fornelos de Montes)
Para todas elas o punto de encontro será a Capela de San Roque, ás 9.30 horas.