A histórica cafetería Carabela, pechada por reformas
Por Redacción
As fiestras da cafetaría Carabela cubríronse durante este luns 23 de papel de farrapo ante a sorpresa de numerosos clientes que se achegaban polo local. A nova dirección quere acometer unha reforma durante os próximos dez días co obxectivo de mellorar as condicións do interior desta histórica cafetaría pontevedresa. A xerente ten previsto realizar pequenos cambios que manteñan os clientes habituais e, ao mesmo tempo, incorporen outros novos.
Unha vez que finalicen estas obras, arredor do 5 de marzo, se acometerán outros traballos de reforma no bar Lugo, situado no baixo anexo ao da cafetaría Carabela, situado baixo os soportais da Praza da Estrela.
A nova xerencia do Carabela leva á fronte do local dende xullo de 2014, despois de que a familia Alvariño decidise traspasar este emblemático lugar de encontro en Pontevedra que conta cunha das máis coñecidas terrazas de Galicia.