Cita científica no Areeiro para estudar o chancro bacteriano do kiwi
Por Redacción
Científicos especializados en Fitopatoloxía procedentes de Asturias, Cantabria, Galicia, País Vasco e Comunidade Valenciana daránse cita este martes, 24 de febreiro, na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, para tratar diferentes aspectos do "Chancro bacteriano do Kiwi" nunha sesión para abordar plantexamentos conxuntos contra esta enfermedade da planta.
A xornada de traballo terá lugar ao longo da mañá, dende as 9 horas ata as 14,30. Nela plantexaráse unha postura común fronte a esa enfermedade, causada pola bacteria "Pseudomonas syringae pv. Actinidiae" que está a causar graves perdas económicas nos principais países e zonas produtoras do cultivo de Kiwi.
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro xa está a desenvolver diversas iniciativas de investigación, con proxección europea, para mellorar a calidade do kiwi galego. Estas iniciativas derivan de convenios asinados entre a Deputación de Pontevedra e diversas entidades públicas e privadas de Galicia e España.
En Galicia cultívanse máis de 500 hectáreas de kiwi, sobre todo nos concellos pontevedreses de Oia, Tomiño, O Rosal e A Guarda. A producción supón o 65% do total español. España é o país con máis consumo per capita de kiwi do mundo. Consume 80 millóns de kilos de kiwi e só produce 12 millóns. A producción deste cultivo en Europa _Nueva Zelanda é o país de referencia pois este ano vendeu 40.000 toneladas de kiwi a España_ iniciouse en Galicia que tén as condicións óptimas para este tipo de froito.
Asturias, País Vasco e Portugal están ampliando as súas plantacións de kiwi en vista das potencialidades que ofrece o mercado español. Portugal, por exemplo, declarou produto estratéxico este cultivo e recentemente ampliou a súa superficie de producción en 300 hectáreas.
Relacionadas:
-
A Xunta gastarase 68.000 euros en kiwis e mazás para os alumnos dos colexios de Pontevedra
Por Redacción |
-
A metade dos kiwis que comen os españois son pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Xunta e Deputación renovan esforzos na súa guerra biolóxica
Por Oskar Viéitez |
-
Intelixencia pontevedresa para que todo o kiwi que chega ao super teña a mesma calidade
Por Redacción |