Detida por levar 8.000 euros en xoias da casa dunha coñecida
Por Redacción
A Policía Nacional detivo unha veciña de Pontevedra de 48 anos por presuntamente furtar xoias no domicilio dunha coñecida no mes de xaneiro.
Segundo informou a Policía Nacional, a dona das xoias presentou unha denuncia na Comisaría o 31 de xaneiro na que indicaba que notara que lle faltaban varias xoias que estaban valoradas en máis de 8.000 euros.
A propia denunciante manifestaba que as portas do domicilio non tiñan signos de ter sido forzadas, polo que sospeitaba que a subtracción debía de ter sido cometida por alguén que tivese acceso á súa casa. Os investigadores iniciaron as xestións pertinentes que conseguiron determinar que o presunto autor da subtracción fora alguén próximo á denunciante.
Continuando coas indagacións, os axentes puideron comprobar que a muller detida vendera as xoias en varios establecementos de compravenda da cidade, constándolle varias vendas, motivo polo que continuaron coa investigación ao obxecto de intentar determinar a procedencia desas xoias.
Un mes e medio despois, o 10 de febreiro, a propietaria das xoias recoñeceu como súas as xoias que foran vendidas, das que o ensinaron unha serie de fotografías. Malia iso, non puido recuperalas todas, pois, dado o tempo transcorrido e ao non estar en prazo, se puido proceder á intervención dalgunhas, que xa foran enviadas a fundición.
Ao día seguinte foi detida a presunta ladroa por un delito de furto e prestou declaración na Comisaría.