Chourizo, orella, caldo e... o bolo do pote convértese en festa en Marín
Por Diego Torrado
A Asociación cultural Fentos e Frouma celebrou este domingo 22 a duodécima edición da Festa do Bolo do Pote na Alameda Rosalía de Castro de Marín. Unha celebración na que os asistentes puideron degustar de xeito gratuíto do tradicional manxar culinario, acompañado de chourizo, orella e dunha cunca de caldo.
A música tradicional a cargo da propia asociación organizadora acompañou os comensais durante toda a xornada coa intervención de diferentes grupos folclóricos.
Unha vez máis, a Alameda converteuse tamén nun espazo para que os máis pequenos gozasen tamén de xogos tradicionais coa colaboración da Asociación Cultural de Santomé de Piñeiro.