Louzán, molesto co Xulgado pola falta de notificación sobre o rexeitamento do arquivo da súa causa
Por Redacción
O presidente do Partido Popular en Pontevedra, Rafael Louzán, mostraba na mañá deste sábado 21 o seu malestar pola forma en que se decatara da decisión do Xulgado de rexeitar a petición de arquivo da súa causa por presuntas irregularidades no aluguer e compra de inmobles, na que tamén se encontran implicados a súa esposa María Teresa Cores Fernández, como cotitular dos baixos comerciais investigados; e o deputado do PP de Pazos de Borbén Severino Reguera Varela, o inquilino que alugou estes espazos.
Louzán apuntou que coñecera a decisión durante a tarde do venres a través dos medios de comunicación cando se encontraba na comisión da dirección do PP en Santiago. E engadiu que nin el nin o seu avogado tiñan coñecemento de novidades no caso: "En novembro pedimos a celeridade do arquivo da causa. O fiscal solicitara que se nos citara para aportar a nosa documentación. Non se fixo e estamos a espera de que iso suceda", sinalou Rafael Louzán. E a continuación manifestou o seu máximo respecto pola decisión xudicial pero lamentou que non se respectasen as normas cunha persoa inmersa nun proceso: "Debían notificar que se desestima a petición de arquivo da causa pero non facelo un venres ás 6 da tarde a través dun teletipo. Eu teño a notoriedade que teño. Me gustaría non tela. Trátase dunha cuestión de ámbito privado".
O presidente provincial xustificaba que este caso se encontraba nun ámbito privado ao entender que a súa actividade á fronte da Deputación "non ten que ver con este tema" e engadiu que "se entende pola parte denunciante que se me pagan uns alugueres por encima do prezo do mercado. Podería entenderse tamén ao revés, que eu os alugara po debaixo do prezo do mercado e así entenderse outra cousa. Hai datos de que hai prezos iguais na mesma zona e no mesmo edificio".
Louzán indicou que a el aínda non lle escoitou ninguén e espera que lle citen nos xulgados para que se lle pregunte sobre o caso xa que sostén que "non hai infracción de Hacienda o do ámbito tributario en relación con ese tema".
CANDIDATOS DE BARRO E CALDAS
Estas declaracións eran realizadas por Rafael Louzán na rolda de prensa de presentación dos candidatos populares ás eleccións municipais en Barro e Caldas de Reis, Víctor Estévez e Manuel Cortés.
Víctor Estévez militara no CDS, partido co que xa gañou as eleccións en Portas e Manuel Cortés se estrea nun posto de responsabilidade política tras unha traxectoria profesional en Caixanova e Abanca.
Nas eleccións de 2011, o Partido Popular obtivo o 60% do escrutinio en Portas con 1.557 votos, mentres en Caldas lograba o 40% das papeletas, duascentas menos que o PSOE, partido que ostenta a alcaldía.
Relacionadas:
-
A Fiscalía pide un ano de prisión para Louzán por un delito de aceptación de suborno
Por Natalia Puga |
-
O xuíz decide seguir adiante coa causa por aceptación de suborno contra Louzán e el opta por non declarar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O xulgado rexeita o arquivo da causa contra Louzán, a súa esposa e un deputado de Pazos de Borbén
Por Redacción |
-
A Fiscalía presentará unha querela pola investigación na que se implica a Louzán, a súa esposa e un deputado
Por Redacción |