Dimite el presidente de la Cámara tras aprobar cuatro despidos y rebajar el sueldo al resto del personal
Por Oskar Viéitez
O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, José Antonio Gómez Rivera, presentou a súa dimisión ao pleno da entidade cameral tras aprobar un reaxuste de persoal.
A sesión plenaria da Cámara de Comercio de Pontevedra resolveu pór en marcha o plan estratéxico presentado por Deloitte, que contempla a redución do persoal, e unha rebaixa salarial para todos os traballadores vinculados á institución.
A aplicación de todas estas normas podería levar a cabo con carácter inminente, para poder utilizar os recursos que achega a Xunta de Galicia, para contribuír no financiamento de todos estes reaxustes.
A redución de postos de traballos sairá da externalización de determinadas funcións, a negociación cos membros do persoal que están en idade de prejubiliación ou xubilación, e outros casos.
Preténdese recortar a nómina de traballadores de 11 a 7
Con estas medidas preténdese recortar a nómina de traballadores de 11 a 7 postos de traballo; e recorrer a servizos externos á Cámara de Comercio, para desempeñar algunhas das funcións actuais da entidade.
Ademais desta decisión, os membros do pleno foron informados polo presidente da Cámara, Antonio Gómez Rivera, da súa inminente xubilación, o próximo mes de xaneiro, de acordo co convenio que subscribiu no seu momento con Caixanova, entidade á que representaba na Institución, e que é a súa intención abandonar o cargo o próximo mes de xaneiro.
Relacionadas:
-
Charo Lorenzo e Gómez Rivera, a xuízo por despedir a tres traballadores da Cámara por represalias
Por Natalia Puga |
-
Afectados polos despedimentos da Cámara: "Preténdese apartar ás persoas que acudiron á xustiza"
Por Diego Espiño |
-
Cambian as cerraduras da Cámara de Comercio tras despedir a catro empregados
Por Alejandro Espiño |
-
Compensarán aos participantes en Ferpalia pola mal fin de semana
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
A Cámara de Comercio, en horas baixas: denuncias, irregularidades contables e agora... despedimentos?
Por Oskar Viéitez |
-
Charo Lorenzo declarou coma imputada ante a xuíza
Por Oskar Viéitez |