O PP pulsa a opinión dos hostaleiros, que demandan potenciar o turismo
Por Redacción
O presidente do PP de Pontevedra e candidato á Alcaldía nas próximas eleccións municipais, Jacobo Moreira, segue pulsando a opinión de distintos sectores sociais e económicos do municipio de cara a coñecer as súas necesidades e poder incluílas no seu programa electoral. Este xoves tocoulle a quenda ao sector da hosteleria e deuse cita cun grupo de sete empresarios para coñecer as súas "reivindicacións y protestas". Eles mostráronse receptivos e aproveitaron para reclamar o Goberno local que potencia a chegada de turistas á cidade.
En nome dos sete hostaleiros asistentes tomou a palabra o propietario do restaurante italiano Il Piccolo, Francesco Ianneli, que considera que a cidade recibe pouco turismo en relación co potencial que ten. No seu caso, bota en falta especialmente a chegada de visitantes estranxeiros.
Os asistentes á reunión, que non pertencen a ningunha asociación, brindan a súa colaboración á Administración local, pero, ao mesmo tempo, demandan máis atención das institucións, pois aseguran que viven do día a día e "no podemos contar con el turismo".
"Nosotros somos receptivos con Pontevedra, pero Pontevedra tiene que ser receptiva con la hostelería", mantén Ianneli, para quen "Pontevedra puede dar más de sí".
Nesta liña, Jacobo Moreira defendeu o potencial económico do sector da hostalaría e ofreceu aos hostaleiros "la alfombra roja y las puertas abiertas", un xesto que fai extensivo a "todo aquel que desee crear un proyecto que permita generar empleo en Pontevedra".
Ao igual que fixera nos seus encontros previos con outros colectivos, o voceiro do PP indicou que unha das proposta do seu partido será crear unha xanela empresarial única para autónomos e empresarios encamiñada a axilizar os trámites que necesiten na creación de proxectos empresariais e de emprendimento.