3.000 quilos dunha vieira "máis grande e de boa calidade" no primeiro día de faena
Por Redacción
Un total de 40 barcos de la Ría de Arousa sairon este luns a faenar no primeiro día de apertura da campaña de extracción da vieira. En menos dunha hora algúns xa colleron o cupo límite establecido pola Xunta e ao final da xornada xuntáronse con 3.000 kilos de vivalvo que a partir deste martes xa se poderá adquirir na planta de evisceración de Mariscos Veiro, en el puerto de Tragove (Cambados).
O presidente dos vieireiros de Cambados, Francisco Miser, apunta que o produto extraído "é bo, quizáis sexa un pouco mellor que ou ano pasado, é mais grande e de boa calidade" e explica que toda a extraída ao longo da primeira xornada de apertura da veda ten garantía de calidade ao pasar polos controis dos inspectores da Xunta de Galicia e pola planta de evisceración.
Os pescadores que saíron ha faenar pertencen ás confrarías de Cambados, Rianxo e O Grove (tan só unha embarcación) e todos eles tiveron que descargar a mercancía en Tragove para posteriormente levala a eviscerar. Eles venderon a vieira a un prezo xa pactado de catro euros o quilo e unha vez eviscerada poderase adquirir a un prezo tamén fixado.
Segundo indicou Miser, na planta de Mariscos Veiro venderanse as vieiras por unidade. A especial (de máis de 14 centímetros) superará os catro euros a peza; a grande (entre 12,5 e 14 centímetros), a 3,30 euros; e a mediana (entre 11,5 e 12,5) custará 2,40 euros a cuncha para quen a queiran adquirir desde esta mesma semana.
O atraso na apertura da veda de extracció da vieira provocou que os barcos tardasen moi pouco tempo en recoller os topes de capturas fixados pola Xunta de Galicia, que se estableceron en 25 quilos por tripulante, ata un máximo de 75 por embarcación. "Podiamos saír ás 9 e algúns xa estaban de volta ás 10 co cuo cuberto", explica o presidente dos vieireiros.