Lores, irónico sobre Moreira: "Debe ser o único pontevedrés que non ten unha postura sobre ENCE"
Por Alejandro Espiño
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, tirou de retranca para comentar as últimas declaracións do voceiro municipal do Partido Popular sobre ENCE. Jacobo Moreira afirmou que en marzo se pronunciará "clara e contundentemente" sobre a súa postura oficial en relación co futuro da empresa na Ría de Pontevedra. Unhas palabras que sorprenderon o rexedor capitalino.
"Debe ser o único pontevedrés que non ten unha postura sobre ENCE, sexa cal sexa". ironizou o alcalde de Pontevedra, para o que é un exemplo máis da falta de proxecto dos populares para a cidade.
Pero máis alá deste posicionamento particular do PP local, Fernández Lores denunciou que o Partido Popular incumprirá os seus compromisos anteriores e intentarán "que ENCE se quede aí por todos os medios posibles". Así se demostra, dixo, coas decisións que foron tomando nos últimos meses tanto o Goberno central coma a Xunta de Galicia. "Están a dar todos os pasos precisos para posibilitar a súa continuidade".
Miguel Anxo Fernández Lores insistiu en que os pontevedreses levan 60 anos "sufrindo" a presenza da pastera nun enclave "único" e que o goberno municipal desexa recuperar para outras actividades económicas "propias" deste espazo marítimo terrestre como o marisqueo, o turismo ou as actividades náuticas. ÿ un obxectivo, destacou, que comparte "a gran maioría dos cidadáns de Pontevedra, que queren unha ría libre de ENCE e Elnosa".
O alcalde pontevedrés, que afirmou respectar os postos de traballo que xera a empresa, reiterou que o complexo industrial debe trasladarse a outro lugar para que "entre todos" se poida avanzar na recuperación integral da ría de Pontevedra e, concretamente, da enseada de Lourizán.
Relacionadas:
-
Feijóo súmase ao cambio de postura do PP sobre ENCE e abre a porta á súa continuidade na Ría
Por Alejandro Espiño |
-
Jacobo Moreira apoia que ENCE siga na Ría con 'condicións': máis emprego e redución "drástica" de emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Empeza a conta atrás... Moreira desvelará o 27 de marzo a súa postura sobre ENCE
Por Natalia Puga |
-
Mosquera asegura que o PP ultima "regalar" a ENCE a súa continuidade na Ría a cambio de "algún millonciño"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores e a plataforma de empresarios pro-industria, de acordo nun 95%: "o outro 5% é ENCE"
Por Alejandro Espiño |
-
Jacobo Moreira desvelará en marzo a súa postura "contundente" sobre o futuro de ENCE
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Moreira pide á ministra de Medio Ambiente que faga prevalecer o interese de Pontevedra por riba do de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Pontevedra considera "esperanzador" a ampliación das causas de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |