Un taller de Exon Clinic amosa as opcións de recuperación estética para pacientes oncolóxicos
Por Redacción
A análise das secuelas da quimioterapia foi un dos temas tratados na xornada sobre a recuperación estética para os pacientes oncolóxicos. Esta actividade promovida polo centro Exon Cinic desenvolveuse no Restaurante Barrique durante esta semana na que un médico especializado en oncoloxía ofreceu unha charla sobre a súa experiencia en relación cos efectos provocados durante o proceso de tratamento de cancro.
O evento realizouse en colaboración co Complexo Hospitalario de Pontevedra e a Asociación contra o Cancro. Unha persoa afectada pola enfermidade ofreceu tamén unha charla e, a continuación, desenvolveuse un taller de autocoidado para o paciente oncolóxico impartido por unha farmacéutica dos laboratorios Avene.
O centro Exon Clinic, organizador desta actividade, é un espazo pioneiro e innovador no coidado de persoas con cancro. Este centro achega a maior calidade asistencial ao paciente oncolóxico a través dunha visión holística/integral no coidado e recuperación. Trabállase tanto a prevención como o primeiro impacto, durante a enfermidade e na posterior recuperación global do supervivente, con sede en Galicia e co obxectivo de iniciar a súa actividade na cidade de Pontevedra en breve prazo de tempo.