Nomean o pontevedrés Javier Domínguez novo presidente de Sogama
Por Redacción
O veciño de Pontevedra e ex concelleiro do PP en Poio Javier Domínguez Lino é o novo presidente da empresa pública Sogama tras ser nomeado no marco do Consello de Administración do organismo celebrado este mércores.
Domínguez Lino era ata agora coordinador da empresa pública Xestur na zona sur de Galicia e pasará a encabezar a empresa de xestión de residuos dos municipios galegos en substitución do dimisionario Luis Lamas, que deixou o cargo tras saír á luz que o bufete de avogados Lucus Lex, do que é socio, conseguiu un contrato público adxudicado por un organismo do que era tesoureiro, o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL).
A presidencia de Sogama estaba vacante dende o pasado 21 de xaneiro, de modo que o Consello de Administración tivo que designar novo responsable e optou por Domínguez, un político con licenciatura en Dirección e Administración de Empresas.
Relacionadas:
-
Sogama e o Concello inician negociacións para chegar a un acordo extraxudicial pola débeda
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello presenta un recurso contra as novas condicións de adhesión a Sogama
Por Redacción |
-
"A xestión de Javier Domínguez en Xestur foi unha traizón aos veciños de Poio", di Luciano Sobral
Por Oskar Viéitez |