Louzán: "2013 vai ser un ano difícil na maioría dos concellos"
Por Oskar Viéitez
O ERE da Deputación de Ourense foi o primeiro que levará a cabo nunha Administración pública galega, pero desgraciadamente, parece que non será o único, a tenor do dito polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
"O 2013 vai a ser un ano difìcil, a maioría dos concellos de Pontevedra para inversións teñen cero euros", asegurou Louzán.
Aos concellos "agora tócalles manter o nivel dos servicios que teñen, o que non é unha cuestión menor porque nas últimas épocas o incremento do número de servicios e competencias foi moi grande".
Neste sentido, Louzán Abal felicitouse polo feito de que "a política de austeridade xa está implantada, iso é moi importante para que no futuro non haxa sobresaltos", e engadiu que a pesar desta austeridade "non está descartado que haxa despedimentos nos concellos, xa que algúns teñen sobredimensionada o seu persoal".
A redución de persoal é a última opción que barallan os concellos con dificultades, antes os empregados municipais poderían afrontar unha nova rebaixa salarial para salvarse do ERE.
E mentres tanto se seguirán reducindo o número de traballadores eventuais e amortizando prazas por xubilación.
No caso da Deputación de Pontevedra non se cubriron cincuenta prazas de funcionarios xubilados, que non se van a repoñer.